DESCRICIÓN:  
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín atópase ubicada no centro da vila, no antigo colexio Irmans La Salle. É un edificio que non deixa indiferente a ninguén e hoxe é un centro cultural con vida propia, onde acuden a diario xoves, nenos/as e persoas maiores a estudar, leer ou navegar por internet. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
   
A Biblioteca está distribuida en dúas plantas e diferentes salas; na planta inferior está adicada aos temas multimedia, e contamos cunha sala de ordenadores con conexión a Internet, completamente gratuito. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín
   
ZONA WI-FIToda a Biblioteca é unha zoa wifi , onde acuden os/as usuarios/as, cos seus portátiles e conéctanse a Internet, incluso dende os bancos situados no exterior da Biblioteca, cando o tempo acompaña. Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

A parte superior da Biblioteca é a zona máis tradicional, onde temos diferentes salas de estudo, lectura e sala infantil. O Catálogo da Biblioteca está clasificado en base á CDU (clasificación decimal universal), salvo a novela, teatro e poesía)

Contamos cunha sala de estudo con capacidade para 35 ususarios/as, e varias salas de consulta-estudo con capacidade para uns 40 ou 50 usuarios/as. Centro de Interpretación Verín
   

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Temos unha sala infantil con clasificación CDU e tamén por idades, de 0 a 3 anos (BEBETECA), de 4 a 12 e logo Xuvenil. É nesta sala onde celebramos as actividades infantís, contacontos, manualidades, teatro, etc... pero normalmente quédasenos pequena e ocupamos toda a ala exterior do edificio.

Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Bilioteca Pública Municipal do Concello de Verín

Avda. Portugal, 11 - 32600 Verín (Ourense) - 988.41.47.76 - E-mail: biblioteca@verin.net