| Actividades na Biblioteca: 2007 - 2008 - 2009 - 2010 - 2011 - 2012 | |
A Biblioteca de Verín é
un centro cultural e como tal, realizamos actividades dirixidas sobre
todo ós/ás máis pequenos/as. Con estas accións
intentamos potenciar o hábito da lectura e remarcar a importancia
de ler, así como atraer ós/ás nenos/as á
Biblioteca dun xeito distendido e divertido, con manualidades, xogos,
contacontos, teatro, monicreques, etc... |
![]() |
Tóda-las actividades,
son comunicadas aos medios locais, radio e prensa, que difunden as novas,
así mesmo na propia Biblioteca sempre anunciamos os eventos que
normalmente suelen ser varios por mes. |
|
| Relación de algunhas das actividades levadas a cabo: 2012 | |
| Celebración do Día das Letras Galegas na Biblioteca de Verín (16-05-2012) | |
O
mércores 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública
Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais
con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín
Paz-Andrade. Esta iniciativa, enmarcada dentro da programación de actuacións para o fomento da lectura, está destinada a 20 nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 8 anos, e na mesma realizaranse contacontos e manualidades, coordinados nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall |
|
| 'O canto dos paxaros' na Biblioteca de Verín 11-05-2012 | |
O
vindeiro venres 11 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública
Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dos paxaros’,
no marco da programación de actividades destinadas ao fomento
da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos relacionados con aves e unha manualidade dun pavo real con cartolina e plumas, coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook |
|
| 'Contos dende o aire' na Biblioteca de Verín 04-05-2012 | |
O venres 04 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos dende o aire’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades como unha avioneta cunha botella de plástico . Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca: http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall |
|
| Día do Libro na Biblioteca de Verín (23-04-2012) | |
| Con motivo do Día do Libro a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a realización de actividades culturais e lúdicas durante a xornada do vindeiro 23 de abril, como son colocación de stand fronte ás instalacións da biblioteca, entrega dos premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' ou contacontos e manualidade, entre outras.
- Entrega dos premios do concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' (ás 12 horas, no stand anterior). Así mesmo tamén se ofertará información sobre todas as novidades do mundo editorial e das librerías-imprentas de Verín: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín.Nas mesmas se realizará, do 23 ao 29 de abril, un desconto do 10% nos libros, previamente recollido nas instalacións da Biblioteca de Verín. - Inauguración dunha exposición, nas instalacións da biblioteca, conformada por todos os debuxos que participaron no concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' y que se desenvolverá do 23 de abril ao 5 de maio. - Contacontos e manualidades na Biblioteca Pública Municipal de Verín. Terá lugar de 18 a 19.30 horas, nas instalacións da propia biblioteca, e está enmarcada dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Realizaranse contos clásicos e máis actuais para 25 nenos/as de entre 3 a 10 anos, socios/as da instalación e empadroados/as en Verín. Ao finalizar terán lugar manualidades impulsadas por voluntarios/as da biblioteca, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |
|
| Fotos da entrega de premios: | |
| Contos da Primavera 13-04-2012 | |
O
venres 13 de abril, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública
Municipal de Verín organiza a iniciativa ‘Contos da Primavera’,
no marco da programación de actividades destinadas ao fomento
da lectura e dinamización da instalación municipal.A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos, manualidades e un gran mural coa temática da natureza. Será realizada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoa da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |
|
| Convivenza Voluntari@s da Biblioteca en Laza (04-04-2012) | |
|
|
2 de Abril "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL" (30 de Marzo - 2 de Abril) |
|
|
Dentro do ciclo de actividades adicado a este día, realmente comezamos o día 23 e rematamos o día 2 de Abril. Está composto por un conxunto de iniciativas:
- Contos á carta (23 Marzo), dado que a manualidade de ese día era confeccionar un libro, o contido: Ilustración e Texto.
Na Actividade do día 30 de Marzo fixemos a decoración exterior do libro, onde realmente temos como resultado un verdadeiro libro infantil. ver fotos da Actividade:
|
|
| Contos á Carta 23-03-2012 | |
|
|
|
Concurso 'Debuxos para o cartel do Día do Libro' en Verín (Bases PDF) MODIFICACIÓN NA DATA DE ENTREGA: MÉRCORES 11/04/2012, NOVA DATA LÍMITE Coa finalidade promocionar o Día Internacional do Libro, as librerías de Verín conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, convocan un concurso de debuxos para o cartel do Día Libro (23 de Abril). O mesmo, que se promocionará
ese día en Verín, axustarase as seguintes bases: 2. SELECCIÓN DOS TRABALLOS.- Cada participante poderá enviar un traballo como máximo á selección. Cada traballo irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro de ensino, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase en: Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12.00 horas do 9 de abril, MÉRCORES.. 3. OBXECTIVOS E CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO.- O obxectivo do concurso é promocionar o Día do Libro e con elo promoción da lectura, así mesmo a temática do debuxo é libre, onde unicamente pídese que debe aparecer un libro como protagonista que é no 23 de abril. 4. DATAS: O concurso comezará o 16 de marzo, rematando o mesmo o día 11de abril. 5. XURADO E PREMIOS.- O xurado estará composto por un membro de cada librería, podendo delegar entre eles mesmos. O premio ao único gañador/a, da súa categoría correspondente, consistirá nun lote de 3 libros, adaptados a idade do gañador, cada libro aportado por cada unha das librerías de Verín que a continuación indicamos: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín. A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade a través dos canais de comunicación do Concello de Verín. |
|
| Contos da Rana Gustavo 09-3-2012 | |
O
venres 09 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública
Municipal de Verín programa a iniciativa 'Contos da Rana Gustavo',
no marco da programación de actividades destinadas ao fomento
da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e a realización de manualidades, tendo como motivo a 'Rana Gustavo' -un personaxe ficticio creado polo produtor de televisión Jim Henson, que é a figura central do show británico-americano The Muppet Show-, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
|
|
| Visita dos escolares do Colexio Público de Oimbra 8-3-2012 | |
A
Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, recibirá
a visita dos/as escolares do Colexio Público de Oimbra. En concreto
será o Xoves día 8, onde máis de 40 nenos/as de
primaria pasarán polas instalacións da Biblioteca, onde
aprenderán a práxis do funcionamento para os distintos
servizos e tamén se realizarán contacontos e manualidades.
Toda esta actividade ten por obxetivo acercar a Biblioteca aos/as máis pequenos/as, aprendendo o funcionamento da mesma e que a relacionen sempre coma algo divertido e útil e que sirva para o Fomento da Lectura, a Cultura en xeral e o Lecer. |
|
Contos do Fondo do Mar na Biblioteca
de Verín (02-03-2012) |
|
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades sobre a flora e fauna mariña, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
"As cores de Silvano". Conto preparado e narrado por Miguel Quintas: (ver viñetas: PDF 550KB) Ver fotos da actividade: |
|
| Contos do Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil' na Biblioteca (10 e 15 de Febreiro de 2012) | |
Os
días 10 e 15 de febreiro, a Biblioteca Pública Municipal
do Concello de Verín organiza un obradoiro de ‘Contos de
Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil’, dentro do ciclo
de actividades programas para o Entroido 2012 e destinada a fomentar
a lectura entre os/as nenos/as do municipio. Este venres 10 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, as actividades se centrarán nunha temática Entroideira coa realización de contacontos e dunha máscara de cigarrón en cartolina. Mentres que o mércores 15 de febreiro, á mesma hora, terá lugar un obradoiro de maquillaxe infantil, por cuarto ano consecutivo, e outro de globloflexia, que tamén se centran no ciclo do Entroido de Verín. Esta iniciativa está destinada a nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, e será coordinada por voluntarios/as da Biblioteca. Para participar en devandita iniciativa, 20 nenos/as para o 10 de febreiro e 30 menores o 15 de febreiro, é necesario inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou no teléfono 988-414776 -así como indicar si os/as nenos/as posúen algún problema dermatolóxico que lle impida participar no obradoiro de maquillaxe infantil-. |
|
| Contos de Dragóns 03-02-2012 | |
|
|
| Contos da media luniña 27-01-2012 | |
O
vindeiro día 27 de Xaneiro, a Biblioteca Municipal de Verín
realizará a activiade " Contos da media luniña"A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre a lua o sol e as nubes así como manualidades da mesma temática coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776 |
|
| ver fotos: http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/actividades/2012/Contos-da-media-lunina/index.htm | |
'O abZOOdario ' na Biblioteca de Verín 20-01-12 |
|
|
A mesma está destinada a un máximo
de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos
sobre historias de inverno, animais, coincidindo coa semana na que se
celebra San Antón, así como de manualidades coordinadas
por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca
Pública Municipal de Verín. |
|
| Concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca' (bases do concurso PDF) | |
Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, grazas a participación do historiador e escritor Bruno Rúa, promove o concurso 'Busca do patrimonio na Biblioteca'. Neste concurso poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, ambos inclusive. A inscrición será individual, podendo ser acompañado por pai/nai ou outra persoa maior de idade, a persoa que se inscribe deberá presentar ou enviar á Biblioteca os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico -se o ten-, e concello no que está empadroado (o empadroamento servirá para que os organizadores contrasten que a súa idade lle permite concursar). O obxectivo do concurso é que a persoa que participa consiga fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial e cultural). Para descubrir cada un dos sete espazos, daráselle unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección Local da Biblioteca). A pista será a mesma para todos/as os/as participantes. Cada vez que resolva unha das pistas, daráselle ao concursante unha nova, até o total de sete. O/a gañador/a do concurso será o/a que consiga fotografarse con todas as pistas primeiro. O concurso comezará o 16 de xaneiro, estando o prazo de inscrición aberto ata o 31 do mesmo mes. O prazo de tempo para resolver as pistas será ata o 9 de abril, se a chegada desta data non se conseguirán resolver os sete espazos, declararase vencedor/a ao/a concursante que máis pistas teña resolto. O premio ao gañador/a consistirá na entrega de material deportivo da Selección Española de Fútbol, Lugo C.F., Celta de Vigo, Verín C.F. ou Monterrei C.F. , repartindo entre os/as participantes, ata agotar o mesmo, comezando polo vencedor. |
|
| 'Contos do Espacio ' na Biblioteca 13-01-2012 | |
No
marco da programación de actividades destinadas ao fomento da
lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma, a primeira das actuacións da instalación no ano 2012, é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. |
|
Bilioteca Pública Municipal do Concello de Verín Avda. Portugal, 11 - 32600 Verín (Ourense) - 988.41.47.76 - E-mail: biblioteca@verin.net |
|