(por Xerardo Dasairas)
Naceu no Río de Janeiro o día 22 de xuño do ano 1909, aínda que a súa nenez e adolescencia transcorreron na comarca de Verín, lugar no cal exerceu o maxisterio antes da guerra civil e onde residiu após o seu exilio arxentino.
Vinculado ao movemento galeguista, mantivo fortes lazos de amizade con algunhas das súas figuras principais, como Otero Pedrayo e Vicente Risco. Un longo exilio na Arxentina fixo que a maior parte da súa obra literaria, que obtivo moi prestixiosos galardóns naquel país, esta escrita en castelán.
Conferencias, seminarios na universidade e a publicación dunha manchea de libros avalían o seu quefacer alén mar. Escribiu artigos e traballos literarios nos xomais, dalgúns dos cales foi conselleiro e tamen director (Hoja Informativa, Reflejos), pertenceu á Sociedade Arxentina de Escritores, deu clases de preceptiva literaria e presidiu xuris en concursos literarios.A publicación dos seus libros, case sempre coa temática galega como trasfondo, trouxolle varios premios entre os que destacan o da Asociación Interamerica de Escritores pola novela "Don Rosendo de Amaral", os do Ateneo e Certame Rexional de Cuyo polo poemario "Hojas Líricas", meecións para "Hojas al Viento" tamén lírico, e recompensas polo traballo na revista Historia y Vida, "Mi Amigo Farruco".
A primeira obra que publica "Amor y Venganza", de tema pastoril, apareceu en folletín de xornal co título de "Venganza Amorosa". Baixo o seudónimo de A. de Rabal firmou as primeiras obras e co de Fernán-Per publicou na Arxentina diversas obras e artigos xornalísticos.
Os seus exitos literarios naquel país ademaís dos xa mencionados, deben completarse con obras como "Clarinadas" e "Fuente sonora" en verso, e "El Cura de mi aldea", "Aquel extraño visitante", "Episodios del exilio" e duas antoloxias da sua obra, en prosa. As súas únicas obras en galego foron publicadas ao retornar do exilio a finais dos oitenta. Unha delas, "Terra coutada", non pudo pasar a censura dos anos sesenta e foi publicada no 1990. Outras obras en galego foron "Crónicas de onte e de hoxe" e "Don Gabino". Co opúsculo "Poemas en galego e castelán para os meus amigos" remataría a carreira literaria e vital de Antonio Fernández Pérez.
![]() |
![]() |