| XOSÉ CARLOS CANEIRO Breve currículum ou reseña biobibliográfica |
|
| Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963). Licenciado en Xeografía e Historia. Diplomado en Profesorado de Educación Xeral Básica (Especialista en lingua galega, lingua francesa, lingua castelá, ciencias sociais). E-mail: caneiro@verin.net Coordinador do plan de integración de minorías étnicas e inmigrantes (PIMEI) da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria na provincia de Ourense; profesor de Interpretación e Creación Literaria na Universidade de Vigo. Comezou a publicar libros, concretamente poesía, no ano 1984 (O esculpido sorriso dos teus beizos). |
![]() |
No seu decorrer conta con algún
premio: o Celso Emilio Ferreiro, o Cidade de Ourense, o Xohán Carballeira,
o Rosalía de Castro de poesía (polos libros Da túa
ausencia -1991-, Estación Sur -1994-, A Valga do triste amor -1997-,
Aínda soñas con piratas? -1999-); o Premio Xerais de novela
(por O infortunio da soidade -1992-); o Breogán (Polo relato "Bette
Davis, por favor", incluído en Loias, lucérnulas e
outras historias no fío de Monterrei, -1995-), o Ourense de contos
(por "O caso de Horacio Solveira", incluído en Historias
no fío de Monterrei -1988-), o Premio Castelao de Narrativa 1996
(por "Trinta e sete días sen verte, Laura" incluído
no volume colectivo Unha liña no ceo, 58 narradores galegos -1996-),
o Monte da Condesa de relatos 1996 (por "Zapatos de cristal, blues",
editado en 1997 pola Universidade de Santiago), o Torrente Ballester de
narrativa 1996 (por Un xogo de apócrifos -1997-, tamén Premio
Nacional da Crítica 1998 e nominada entre os finalistas do premio
Nacional de Narrativa 1998, a novela foi editada por ESPASA CALPE no mes
de marzo de 2000 na colección ESPASA NARRATIVA, coa traducción
de Rodríguez Baixeras). |
![]() |
![]() |
Foi o ganador da XI EDICIÓN
do Premio de novela García Barros coa novela Talvez melancolía,
publicada en novembro de 1999. No mes de outubro de 1999 mereceu o premio
de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo. En xaneiro do 2000 foi premiado
no Certame de novela breve “Lueiro Rey”. En marzo de 2000
obtivo o I Premio <Risco> de literatura fantástica coa novela
A rosa de Borges, publicada en maio de 2000 e publicada en castelán
en febreiro de 2001 (Espasa Calpe) e que será editada proximamente
en catalán. |
En maio de 2000 recibiu o Manuel Murguía
de relatos con As flores en Irlanda. Premio Eixo Atlántico de narrativa
galega e portuguesa e Premio Blanco Amor por Ébora en setembro
de 2000, novela que publicou Xerais en decembro de 2000 e que foi publicada
en 2002 en castelán (Espasa Calpe). En 2003 iníciase a publicación
da súa obra en alemán na prestixiosa editorial europea DTV.
En 2005 sairá en portugués. As súas novelas están
en trámite de contratación en numerosas linguas ademais
das citadas (castelán, portugués, catalán, alemán)
en países como Italia, Holanda, Francia, Corea ou Inglaterra. En
decembro de 2003 publica Ámote na editorial Galaxia, a súa
última novela. |
![]() |
Ten recibido, asimesmo,
bolsas da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia nos apartados
de poesía, ano 1990; Novela, ano 1992; Narrativa curta, ano 1994.
No 1996 foi o único narrador galego que recibiu unha bolsa do Ministerio
de Cultura para a Creación Literaria, pola novela Os séculos
da lúa. Ten colaborado tamén na redacción de estudios
sobre lingua e literatura, libros como Antoloxía da Literatura
Galega ou Letras Galegas ou Unha semana e media de teatro figuran nesa
faceta da súa producción. |
|
Como traductor verteu
ao idioma galego as obras teatrais O auténtico Oeste, de Sam Shepard,
Dani e Roberta, de John Shanley, Parella aberta, de Darío Fo, O
contrabaixo, de Patrick Suskind. Coordinou o libro Contos e lendas do
val de Monterrei (a publicar proximamente). |
|
![]() |
Ademais destas obras editou no 1991
O buscador de nada –unha compilación de ensaios e artigos
xornalísticos– e en xaneiro do 2000 o relato A nave..., un
texto que pretende resaltar a beleza da vila ourensá de Allariz.
Ten aparecido en varios libros colectivos e escolmas de poesía
ou narrativa, así como en diversas antoloxías: De soños
e memorias. Materia Prima. Unha liña no ceo. Paisaxes con palabras….
En decembro de 1997 publicou unha colección de relatos titulada
Estado permanente de fracaso. |
| A novela Os séculos
da lúa, a dicir do seu autor a súa novela máis ambiciosa,
está dende inicios de xuño de 1999 nas librerías.
En novembro de 2001 publica Triloxía dos tristes, libro de relatos
editado por Galaxia. En outubro de 2002 apareceu en Espasa Jorge Luis
Borges, biografía do escritor arxentino escrita dende un punto
de vista moi persoal e literario. O libro foi editado en 2005 en Corea
do Sur. Participa dende hai tempo en seminarios sobre o idioma galego e a súa literatura, como membro e coordinador dos mesmos. Profesor do máster <Emigración e Retorno> da Universidade de Vigo. |
![]() |
Colaborador habitual de
numerosas publicacións dende o ano 1981 (actualmente é colaborador
habitual do diario <La Voz de Galicia>, da emisora de radio <Radio
Voz Galicia> e do Diario Cultural da Radio Galega; ten colaborado con
EL PAIS, DIARIO 16, PENÍNSULA, GALICIA HOXE, O CORREO GALEGO, TEMPOS,
FARO DE VIGO, EL EXTRAMUNDI...). Membro de numerosos xurados de premios
literarios (Torrente Ballester de narrativa, Risco de literatura fantástica,
Manuel Murguía de relatos, Cidade de Ourense de poesía,
Xohán Carballeira de poesía, Blanco Amor, Eixo Atlántico...).
Coautor do libro A memoria de Ourense (1999). Ten impartido numerosos
cursos de lingua e literatura, conferencias, ponencias en encontros e
congresos e, tamén, múltiples recitais de poesía
acompañado por diversos grupos musicais. |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Blue Moon
Xosé Carlos Caneiro Biblos Xénero: Narrativa 152 p. |
|