Hilda Fernández Rodríguez
Nacida na primavera do 94 e criada nas terras de Vilaza, vencellada coa súa natureza e profundamente influida polas súas xentes.

Dende pequena o afán pola lectura e a música aflorou, e ata o de ahora siguen sendo os dous eixes centrais da súa vida.

http://fenestrasdepedra.blogspot.com/
http://absurdos-sentimientos.blogspot.com/

E-mail: hildamar12@hotmail.com

   
VILAZA
Podería escribir cento e unha odas predicando a túa beleza.
Podería gritar aos catro ventos cal é o segredo da túa fermosura.
Pero calarei.
Prefiro escoitar o murmurio dos paxaros.
O son monótono do río a escorregar entre as pedras.
E síntome privilexiada por terte agora na miña vida.
Algún día preguntareime que como estás, que por que volvo se xa nada me ata a ti.
E eu respondereiche. Gritando dendo o teu cumio máis alto:
"Porque o vento tráeme os aromas da miña infancia,
porque o rozar co meu corpo lémbrame as mans da xente que me abrazou"
Ti, froito, sustento da miña loucura.
Única ambición pola que vivo.
Villaza, ti, miña amante.