BIBLIOGRAFIA:
- Vilardevós, supuxo , en 1961, ano da súa
primeira saída –A segunda edición, tamén
viguesa, e de 1971, un forte impacto entre os lectores e os críticos.
Silvio Santiago conseguira converter o difícil en fácil.
E dicir, escribir o libro do seu pobo sen caer na anécdota, e
no costumismo ou no private joke, anque nalgunhas ocasións por
razóns evidentes, roce estas circunstancias. Vilardevós
e un retablo tenro e mítico, o que na distancia ten de mitificadota,
adobado cun linguaxe veraz e rico, no exento de lusismos, explicables
pola proximidade de Vilardevós a raia de Portugal. Abrese un
deliciosa Razón e condición deste libro, no que o autor
cun so pretexto dunha conversa en Venezuela ca súa filla Silviña,
explícanos o como e o porqué de Vilardevós.
- O silencio redimido. Vigo. 1976. 1989. E claramente
un libro autobiográfico. Que se trate ou non dunha novela e o
de menos. Carballo Calero ante a dicotomía novela-memorias cre
que, efectivamente, Santiago, escribiu unha novela. Sen embargo, incapaz
de separar o destacado do irrelevante no seu vivir,vai anotalo todo,
vai arquivalo todo, cronista, non novelista, da súa propia vida.
Carballo, entende que O silencio redimido e un libro de memorias e Silvio
Santiago un memorialista.
A primeira parte do libro en realidade a segunda, dada a distribución
tipográfica, e a esencia da peripecia vital do autor en Galiza
sometida o terror facista. Como tal o seu valor documental – de
fidelidade cinematográfica as veces- e moi grande. A segunda
parte, marcha a Portugal e aventura lisboeta de tal autor, deben, seguindo
a Carballo Calero, novela de acción a perde a hondura das descripcións
de medo perante a perseguizón en Galiza. Do que deduciríase
que, probablemente, o Silvio Santiago testimonial supera o Silvio Santiago
creador. O que non es óbice para que esta segunda parte, a pesar
de certas truculencias e algún que outro xiro rocambolesco, se
lea con sumo agrado. Perante moito tempo, a censura franquista impediu
a publicación de O silencio redimido. Dado a estampa tres anos
despois da morte do seu autor galardoouse co Premio da Crítica
do ano 1977.